
Todo o mundo algunha vez na vida terá que preparar un exame, así que tanto se estás estudando como se queres presentarte a algunha promoción interna no teu traballo, unha oposición, etc. estes consellos poden serche de utilidade:
1. Razoa os contidos antes de memorizarlos. Ler de forma comprensiva, subliñar, preparar esquemas e consultar dúbidas axudan a entender o que estudas e conseguir aprendizaxes sólidas e duradeiras.
2. Durante o estudo, evita as interrupcións. Elimina da mesa todo o que te poida distraer. Desconecta o móbil e non poñas música de fondo, evita calquera clase de ruído.
utilidade:
1. Razoa os contidos antes de memorizarlos. Ler de forma comprensiva, subliñar, preparar esquemas e consultar dúbidas axudan a entender o que estudas e conseguir aprendizaxes sólidas e duradeiras.
2. Durante o estudo, evita as interrupcións. Elimina da mesa todo o que te poida distraer. Desconecta o móbil e non poñas música de fondo, evita calquera clase de ruído.
3. Realiza descansos e combina asignaturas. Así aproveitarás mellor o tempo de estudo.
4. Ordena os contidos. É necesario que a información se organice formando un todo coherente, para así retela durante máis tempo. Para iso é fundamental que realices resumos e esquemas que che axuden a resumir e relacionar o aprendido, creando unha rede.
5. Emprega técnicas mnemotécnicas. Consiste en establecer asociacións entre os elementos que han de memorizarse e outros que xa lembras facilmente, por exemplo creando unha historia, ou poñéndolles música. Todo o que che axude a recordar é válido.
6. Utiliza diferentes canles para memorizar. O que se percibe por diferentes sentidos lémbrase con máis facilidade. Realiza un esquema visual e despois leo en voz alta para crear tamén un recordo auditivo.
7. Realiza aprendizaxes funcionais. Aplica o que estudaches, búscalle algunha utilidade práctica, ou se non a encontras crea un mural con eses datos.
8. Fai repasos. Os repasos son fundamentais para asimilar a información. Debes comezar a estudar con tempo, non deixar as cousas para o último momento, así poderás repasar de forma adecuada, coherente e comprensiva, descubrindo novos elementos nos datos.
9. Ensaia. Practica con exames anteriores, ponte a ti mesmo algún. Se é un exame oral podes facer simulacions diante do espello ou gravarte para identificar os teus posibles fallos e axudarte a descubrir lagoas.
10. Se é necesario, toma algunha infusión que che axude a durmir desde varios días antes, pois así funciona mellor que unha soa toma esporadicamente a véspera dunha proba. O obxectivo é que a noite antes do exame poidas ter un bo descanso. Como reacciones durante o exame é fundamental para conseguir o éxito. Por iso debes acudir en boas condicións, ben descansado e cunha actitude positiva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario