Só un, pero leva moito tempo, é un proceso caro e ademais a bombilla debe estar lista para cambiar...
Entón en que consiste estar "listo para cambiar"?
Simplemente en querer facelo e crer que é posible. Se alguén cre que pode cambiar, cambiará.
Comeza por concretar cal é o cambio que queres na túa vida. Despois observa cales son as túas crenzas ao respecto. Por último comeza a introducir cambios nesas crenzas porque son elas as que determinan o que podes e non podes, o que debes e non debes, non só a nivel interno senón tamén externo: coñecido é por exemplo o efecto placebo, onde as crenzas do suxeito inflúen ata o punto de que unha substancia inocua proporcione alivio dos seus síntomas e incluso a desaparición dos mesmos; non sei se sabes que tamén existe o fenómeno contrario, o efecto nocebo. Se a túa mente pode producir ambos efectos, cal queres para ti?
Se necesitas axuda pídea, porque hai moitas técnicas que poden servir para deixar atrás adiccións, cambiar rutinas prexudiciais ou adquirir outras saudables, comportarte de maneira máis produtiva no traballo ou máis amorosa na familia, recuperar ou adquirir autoconfianza e un longo etcétera que só pode realizarse se ti cres que é posible.
![]() |
| Ti decides, ti deseñas as túas metas e elixes o camiño para chegar a elas |

Ningún comentario:
Publicar un comentario