19 de ago. de 2018

Aprender da dor

A dor é un mecanismo de aprendizaxe moi efectivo dentro dos patróns da dualidade. Serve para tomar conciencia daquilo que non está claro, que nos negamos a ver ou que postergamos indefinidamente. É un instante de percepción moi agudo, un sentir tan potente que non hai maneira de eludilo, porque a dor é evidente, afecta a todos os nosos corpos simultaneamente (físico, emocional, mental, espiritual) ata que se comprenda cal é a súa mensaxe específica.
Por iso é útil deterse de cando en vez a observar se algo nos doe nalgún dos nosos corpos, onde e por que, ata descifrar a mensaxe oculta.
Unha vez comprendida, a dor pode transmutarse e dar paso ao benestar. Se a dor é emocional, producida por algunha lembranza ou vivencia traumática, é útil regresar á experiencia e observar que foi o que doeu, cal foi a ferida que se abriu. Fagamos por comprender as circunstancias e as actuacións de todos os implicados nese episodio, e una vez integrada a situación soltémola, liberémonos dela para sempre.
Si que sabes como.
Perdoando e agradecendo a aprendizaxe que esa situación nos entregou.

Ningún comentario:

Publicar un comentario