20 de xul. de 2018

In - fórmate

Ler o periódico ou ver as noticias non fai de ti unha persoa solidaria, ao contrario, fomenta as queixas, as acusacións e os sentimentos deprimentes: medo, sensación de inxustiza, abuso, indefensión, focalizar o teu pensamento nas desgrazas, a escaseza, a violencia, a enfermidade, a morte... e estes sentimentos fan que sexas fácil de dominar e manipular.
O que podes facer é liberarte de todo iso pero enfocarte no teu entorno para facer un mundo mellor: ocúpate da tua familia, do teu traballo, do teu vecindario, participa activamente no teu radio de acción. As noticias serven para convencerte de que vives nun mundo hostil e necesitas protección. Eles, a mafia que desexa facerte crer que te protexen, son moitas veces os mesmos que provocan incidentes espantosos para manterte asustado e dependente. Alimentan o medo, o odio e a desconfianza entre as persoas, pois saben que se te sentes indefenso e estresado serás dependente, non razoarás ben e aceptarás que eles decidan por ti.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario