29 de xuño de 2017

Nada persoal

Case todos temos tendencia, máis ou menos acusada, a tomar as cousas persoalmente. Non é saudable porque deixa os teus sentimentos en mans dos demais, empúxanos a unha montaña rusa de emocións constituíndo unha gran perda de poder persoal, entre outras cousas. E hai ocasións en que pode resultar especialmente nocivo, como nas relacións alumno-profesor, empregador-empregado, cliente-provedor, socio-socio... 
As persoas compórtanse como o fan por razóns que non teñen nada que ver connosco, polo tanto é preferible non considerarnos nin causa das súas accións nin destinatario final das mesmas. Moita xente só ve a vida desde o seu propio punto de vista, ou necesita levar razón en todo, ou se sente insegura se non mantén todo baixo o seu control directo, ou teme que se non fai isto ou aquilo vai ser xulgada polos outros, ou malinterpretada, ou... Quen sabe o que pensan os demais e por que fan o que fan! Ás veces nin eles mesmos o saben, reaccionando a sentimentos incontrolables, necesidades pasadas insatisfeitas e conflictos non resoltos dos que nin sequera son conscientes. 
En consecuencia, as accións dos demais demostran quen son eles, non quen es ti, así que non te sintas obrigado a darlles sempre unha resposta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario