9 de set. de 2016

Volver ao traballo

É duro volver despois das vacacións? Talvez te sorprenda saber que a depresión postvacacional está mesmo sendo motivo de consulta médica. Moita xente é precisamente neste momento cando se decata das poucas satisfaccións que extraen do seu traballo e desexarían un cambio profesional.


Estas ideas poden serche de utilidade:

1. Non compararte cos demais: Todos temos debilidades e fortalezas que nos fan únicos.
2. Manter as túas fronteiras entre traballo e vida privada: Non permitas que o traballo invada o teu espazo persoal.
3. Non te esixas en exceso. É bo que te ofrezas para realizar varias tarefas, pero non podes facelo todo e o feito de non cumprir producirache unha sensación de decepción.
4. Non dediques o teu tempo a queixarte do traballo dos demais. Se podes axudalos a mellorar, faino, e se non, esquéceo.
5. Lembra que ti es o responsable último da túa felicidade. Non culpes aos teus xefes ou compañeiros cando algo non te satisfaga porque é asunto teu buscar unha alternativa que te faga feliz.

E como sempre: cóidate, come ben, procura descansar e gozar do aire libre cos teus seres queridos e todas as demais cousas que xa forman parte dos teus hábitos cotiáns de benestar.



Ningún comentario:

Publicar un comentario