1. Os libros son unha boa maneira de vivir experiencias que non terás na vida real como viaxar no espazo e no tempo a lugares imposibeis, remotos ou fantásticos.
2. Ler contribúe ao teu desenvolvemento cognitivo, tanto por explorar outras realidades diferentes da túa como pola aprendizaxe de palabras e expresións novas.
3. A lectura é un exercicio mental de eficacia probada para aumentar as túas defensas contra enfermidades neurodexenerativas.
4. Estimula a túa creatividade, porque esixe a túa participación imaxinando moito máis que se miras a televisión.
5. Axuda ao autocoñecemento, porque te comparas coas personaxes, te identificas coas situacións que les como se as vivises, te preguntas que farías ti nesa situación, experiementas impulsos e sentimentos sobre os que podes reflexionar.
6. Facer por comprender as situacións lidas e as actitudes das personaxes literarias axuda a desenvolver a empatía, polo que pode contribuír a mellorar as relacións persoais.
7. Lendo transformas os tempos mortos que podían agobiarte en momentos de pracer (transportes públicos, salas de espera, etc.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario