Coherence (James Ward Byrkit, 2013) é unha película do xénero fantástico onde un grupo de amigos celebra unha cea que se vai tensando cada vez máis e saca á luz as súas debilidades de maneira inesperada. O paso dun cometa baixo unhas circunstancias especiais provoca, en primeiro lugar, fallos na tecnoloxía de uso habitual que aporta seguridade ás súas vidas, e en segundo lugar unha irregularidade no espazo-tempo que lles permite contactar cunha dimensión paralela de si mesmos. A película ten unha factura impecable e gozou de boas críticas no seu momento.
O tema das dimensións paralelas está moi ben explicado por David Topí, quen explica tamén a diferencia entre dimensións e densidades, tema sobre o cal existe moitísima confusión.
Lástima dos protagonistas de Coherence, incapaces de aprender dos seus erros e de contactar coa mellor versión de si mesmos nun plano superior para deixarse asesorar por ela, como ensina Garnier-Malet ou o propio David Topí.
SPOILER (non ler se non viches a película, e se o queres ver selecciona o texto co rato, porque está escrito en cor branca para que ninguén o vexa se non quere): A única persoa que comprende o que está pasando ata o punto de velo como unha solución, o que se lle ocorre é matar ao seu dobre para apropiarse da súa vida, incapaz de comprender que para conseguir esa vida que anceia ela tería que mudar a súa conduta, e anque se traslade a esa dimensión paralela, se non muda ela, non mudará a súa vida."Pues nunca muda de estado quien muda sólo de lugar y no de vida y costumbres", que diría Quevedo, ou tamén "Se ti o cambio que queres ver no mundo...")

Ningún comentario:
Publicar un comentario