Nesta excelente páxina, el terapeuta estúpido, atopei unha serie de preguntas moi útiles para a resolución de conflitos interpersoais. Imaxinemos un problema cunha persoa e comecemos por analizalo conforme este esquema:
- Cal é o problema neste momento?
- Que fixemos para resolvelo?
- Iso que fixemos, foi útil?
- Hai algún momento en que o problema non se dea ou sexa menos intenso? Cando? Que é o que estamos facendo nese momento? E que é o que fai esa persoa?
- Como podemos facer que iso suceda?
- Que diría esa persoa que estamos facendo nós nese momento, que lle permite a ela actuar ben?
- Se ela estivese aquí agora connosco, e tivese que admitir a existencia dalgunha unha clave que lle permite facer mellor as cousas con nós, cal sería?
- Se nós aceptásemos esa clave, como fariamos para que as cousas continuasen mellorando?
- Que sería o primeiro que empezariamos a facer a próxima vez que esteamos con ela para que as cousas melloren?
- Nunha escala do 0 ao 10, canta confianza temos de que isto ocorra?
- Como podemos asegurarnos de que isto ocorra? Como imos xestionar a situación para que isto ocorra?
Todas estas preguntas parten de algo tan simple como que a persoa non é o problema: o problema é o problema. Todas as persoas contan cos recursos necesarios para o cambio, só hai que descubrilos. Estas preguntas axudan a orientarnos cara ás solucións e abandonar a conversación saturada de queixas e reproches, enfocándonos en xerar outras posibilidades no futuro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario