2 de xan. de 2015

Acampada zen

Un mestre zen levou uns novos monxes de acampada para estar preto da natureza e meditar baleirando a súa mente. Gozaron dun fermoso día e finalmente quedaron durmidos. Horas máis tarde o mestre zen espertou ao monxe que durmía ao seu lado:
- Levanta a vista e dime que che parece.
- Vexo millóns de estrelas... é unha mostra da grandeza do universo e o insignificantes que somos nós.
- E ti que opinas? - preguntoulle a outro mozo.
- Dende un punto de vista astronómico indícame que existen millóns de galaxias e potencialmente polo tanto billóns de planetas. Cronoloxicamente, deduzo que son aproximadamente as 3:15 da madrugada.
- Que dis ti? - preguntoulle ao terceiro.
- Meteoroloxicamente falando, que mañá teremos un fermoso e soleado día.
Como o mestre gardaba silencio, preguntáronlle:
- E vostede que opina, mestre?
- Que nos roubaron a tenda.


Ningún comentario:

Publicar un comentario