8 de xul. de 2014

Indicadores dunha baixa autoestima

1. Desexo innecesario de compracer, polo que non te atreves a dicir que NON, temes que se o fas poida cambiar a boa opinión que teñen de ti. 

2. Perfeccionismo: conduce a unha insatisfacción permanente contigo mesmo e a unha autocrítica excesiva. Esíxeste demasiado e deprímeste cando as cousas non saen coa perfección esixida. 

3. Hipersensibilidade: tomas as suxestións dos demais como unha crítica e as críticas como un ataque persoal, sénteste ferido e sofres de resentimento. 

4. Indecisión: non por falta de información, senón por medo esaxerado a equivocarte. 

5. Culpabilidade neurótica: acusándote e lamentándote indefinidamente, esaxeras a importancia dos teus erros e nunca chegas a perdoarte por completo. 

6. Hostilidade latente, sempre a piques de estoupar, sempre disgustado, decepcionado e insatisfeito. 

7. Apatía, desesperanza, pouco gozo de vivir e conceptos pesimistas incluso sobre a vida mesma. 
A autoestima consiste en como me percibo e valoro a min mesma. A autoestima apréndese, e pode cambiar en diferentes etapas da vida, sempre fluctúa, pódese mellorar. É moi importante: unha elevada autoestima, vinculada a un concepto positivo dun mesmo, potenciará a capacidade da persoa para desenvolver as súas habilidades e aumentará o nivel de seguridade personal, mentres que un baixo nivel de autoestima enfocará á persoa á derrota e o fracaso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario