27 de dec. de 2013

A vida como mestra


Procura facer, cada día, algo que de verdade alimente a túa mente, o teu corpo e o teu espírito. Son mostras de respecto e amor por ti mesmo.
O tedio non está no mundo senón na maneira en que miras o mundo. Miremos dentro de nós mesmos e entendamos que o mundo que nos rodea é un reflexo do noso mundo interior. Poñamos orde aí e chegaremos a notar un verdadeiro cambio.
Por exemplo, podemos comezar por asumir a vida tal como veña, sen xuízos, sen culpas, aceptando todas as experiencias como ocasións para a aprendizaxe.
Cada unha das túas vivencias contén a lección que necesitas nese periodo particular da túa evolución como persoa. Acéptaa sen xulgala, pregúntate que oportunidade de crecemento persoal che ofrece, como podes extraer toda a súa mensaxe independentemente de que che guste ou non.
A nosa vida é unha imaxe clara do noso interior. Tomando consciencia do verdadeiro ser interior cambiará o exterior. Sempre recollemos o que sementamos, sempre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario