29 de nov. de 2013

A espiritualidade cotiá

Despois dunha dura semana laboral talvez te preguntas para que tanto esforzo, pensas que o traballo non che deixa tempo para o realmente importante, que as túas obrigas e responsabilidades che impiden dedicar todo o tempo que che gustaría a cultivar o espírito. Pero non é así. Alégrate: a espiritualidade non ten por que deixar atrás os asuntos materiais para seguir un camiño de meditación ideal á marxe da vida mundana. Os teus problemas diarios, a túa vida material, traballar, criar aos teus fillos, día a día, iso constitúe un camiño espiritual, simplemente poñendo consciencia en todas e cada unha desas tarefas. É por iso que Xesús non dixo "esquéceo todo e ségueme" senón "colle a túa cruz e ségueme". Estás no camiño. Noraboa pola túa andaina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario