A perfección en si non existe, só é un concepto creado pola mente humana: podes comprendelo a nivel intelectual pero nunca o encontrarás na realidade da vida cotiá.
Como sería un bosque perfecto? Só árbores, sen moscas molestas, por exemplo? A vida non se sostería. Todo ten a súa función.
Cando as imperfeccións que te rodean se che fagan insoportables, lembra que ti tes a capacidade de atoparlles unha función na túa vida. Son mestras que aparecen para darche a oportunidade de mellorarte a ti mesmo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario