As crenzas dunha persoa operan desde un estrato tan profundo, moitas veces subconsciente, que limitan os nosos movementos.
Moitas veces renunciamos a intentar algo por causa dunha crenza que temos implantada desde tempo literalmente inmemorial, ou pola contra, insistimos nunha determinada conduta obedecendo a unha crenza que se non a tivesemos estariamos en mellores condicións para gozar da vida e asumir riscos razoables.
E se unha crenza non fose unha idea atrapada pola túa mente, senón unha idea que atrapou á túa mente?
Neste blog xa temos falado outras veces de crenzas limitantes e como desaloxalas, hoxe compilamos aquí tres das máis frecuentes:
1. Son bo (boa persoa / bo profesional...) porque os demais din que o son.
Se a miña autoestima vén determinada polo que os demais pensan de min, convirto en realidade a opinión dos demais, que poida non ser obxectiva, e convírtome en escravo desa opinión, facendo o que creo que os demais esperan de min, o que eles cren e din que é o correcto, deixando de facer cousas que eu no fondo quería facer, e en cambio facendo outras que me sinto obrigado a facer para manter o nivel, para demostrar a miña valía e un triste etcétera.
Crenza alternativa: O que digan os demais reflicte soamente a súa opinión.
2. Se algo saíu mal no pasado seguirá saíndo mal no futuro.
Se os fracasos pasados demostran que as miñas metas son inalcanzables, mellor vou renunciar e buscar outras máis fáciles, así ninguén verá a miña incompetencia. Unha crenza coma esta córtache as ás para sempre.
Crenzas alternativas: O meu futuro non depende do meu pasado, senón do meu presente. Eu, agora, estou construíndo o futuro que eu quero. Cando algo sae mal aprendo unha lección valiosa e estou cada vez máis cerca de facelo ben, pois vou descartando os fallos.
3. Non podo evitalo
Non podo evitar que suceda isto que está por riba das miñas competencias, ou non podo evitar ter un arrebato emocional porque me afecta o que dixeches, ou non podo evitar ser como son... Se cadra hai cousas que non podes evitar (a incompetencia ou agresividade dun compañeiro de traballo, por exemplo) pero si que podes xestionalas do xeito máis conveniente para ti e para todos (asumindo que as túas reaccións emocionais si que son da túa competencia e aprendendo a manexalas co menor prexuízo para todos). Non tes que asumir a responsabilidade de todo un proceso que escapa ás túas mans, non tes que facelo perfecto, abonda con que esteas disposto a minimizar os danos e facer o mellor que poidas en cada situación concreta.
Crenza alternativa: Procuro facer o mellor posible para cada situación concreta.
Lembra:
As crenzas pódense cambiar, non é doado nin sucede espontaneamente pero
pode facerse, recoñecendo a crenza que nos está limitando na nosa vida e
pondo en marcha un plan de acción con axuda dalgún método de eficacia
probada como PSY-K.
Contáctame para saber máis.

Ningún comentario:
Publicar un comentario