17 de xuño de 2018

O cambio en cinco capítulos

1)
Baixo por unha rúa.
Hai un pozo grande no medio.
Non o vexo e caio nel.
É profundo e escuro.
Estou perdido, sen esperanza...
Non é culpa miña!
Tardo moito tempo en encontrar a saída.
2)
Vou pola mesma rúa.
Hai un pozo grande no medio.
Fago que non o vexo.
Volvo caír dentro.
Non podo crer que estea no mesmo lugar...
Pero non é culpa miña!
Tardo moito tempo en poder saír.
3) 
Vou pola mesma rúa.
Hai un pozo grande no medio.
Véxoo, sei que está aí.
Caio nel de todos xeitos: é un hábito.
Abro os ollos e sei onde estou.
Admito que é culpa miña.
Saio inmediatamente de alí.
4)
Vou pola mesma rúa.
Hai un pozo grande no medio.
Paso dando un rodeo.
5)
Vou por outra rúa.

 (Texto extraído do libro "O Livro Tibetano do Viver e do Morrer" – Sogyal Rinpoche)

Ningún comentario:

Publicar un comentario