Primerio poñamos o ser humano no seu contexto
E agora dime: de veras a aparición e desenvolvemento da vida, e do ser humano en concreto, no planeta Terra, che parece natural? O xeito en que aparece, a velocidade á que evoluciona, as lagoas que aínda temos na secuencia da evolución, os saltos cualitativos tan repentinos que se deron...? Nada diso che parece sospeitoso? En todo iso non ves ningunha intervención externa? Pensar que fomos sementados neste planeta, cultivados, en ocasiones podados e noutras abonados, paréceche disparatado? Por que motivo, á parte do teu ego que se rebota contra a idea de seres unha simple leituga de invernadoiro, ou á parte da túa fe relixiosa que te leve a confiar nun ser bondadoso e omnipotente? E se te consideras un ser completamente racional de pensamento científico e obxectivo, que non estás en ningún dos dous casos anteriores: que fundamentos racionais, ou que feitos demostrables, che fan máis plausible a hipótese de pim pam pum plash oh casualidade, que a de sermos produto da enxeñaría xenética? Cal destas explicacións está forzando máis as cousas? Se de veras foses capaz de aplicar os principios de Ockham a este problema, se percibises honestamente a resposta máis simple, comprenderías que esa non pode ser a estúpida serie de presuntas casualidades e lagoas en medio que se nos vén inculcando como explicación da nosa existencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario