1 de out. de 2017

Perfectamente

O perfeccionismo en xeral está ben visto nesta sociedade tan competitiva na que vivimos, pero en realidade é unha actitude bastante destrutiva pois as máis das veces ten como consecuencia non emprender nunca determinadas empresas, ben porque nos parecen demasiado ambiciosas ou complexas, ben porque as imos pospoñendo ata que o teñamos todo claro, ata que nos sintamos preparados, ata que acabemos estoutro proxecto que aínda non está perfecto... Ou sexa, que pode converterse en algo paralisante.
Ningún camiño é unha liña recta libre de obstáculos, retrocesos, dúbidas. Se esperas a ter a certeza de estar facendo o correcto, ou de que obterás o beneficio calculado, é moi posible que esperes eternamente. Non te tomes as cousas con tanto dramatismo, mellor goza do que fas mentres o fas e permite que a vida tamén xogue e te sorprenda co resultado.



Ningún comentario:

Publicar un comentario