Antes de dar un consello párate a pensar se esa persoa está preparada para recibilo ou se o único que necesita nese momento é validación emocional, pois ás veces un amigo vén a ti para pedirche consello e despois rebélase contra as suxestións que lle fas porque se sente xulgado por ti e incomprendido, anque ti creas que lle estás solucionando o problema e que o seu caso é idéntico ao que che pasou a ti.
Neses casos o primeiro é darlle todo o apoio emocional que precisa, facerlle ver que ten dereito a sentirse mal polo que lle pasa e axudalo a expresar dun xeito saudable o seu malestar. Só despois de que desafogue realmente estará en condicións de asimilar o que lle propoñas, ou de propoñer solucións por si mesmo que é aínda mellor.
Por iso as terapias levan o seu tempo e non hai dous casos iguais, cada persoa só pode avanzar ao seu ritmo persoal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario