22 de dec. de 2015

A cada un o seu

Estamos en época de entrega de notas e moitos rapaces e rapazas chegarán a casa con boas e malas noticias para o Nadal, por iso quero animarvos a, sexa o que sexa o que poña no boletín de notas dos vosos fillos, aceptalo con amor.


Dous compañeiros de traballo comentan a marcha dos seus fillos no colexio:
- Pois o meu fillo sacou un dez en Debuxo e un dous en Matemáticas. 
- Vaia! E que vas facer? 
- Buscareille unhas clases particulares. 
- Entón valo meter en clase de Matemáticas?
- De Matemáticas non, home. De Debuxo! 


Non somos iguais. E non temos por que selo: cada un de nós ten o seu propio talento. Axudar aos pequenos a atopar o seu é o mellor que podemos facer por eles.


(Inspirado nun microrrelato de A. Jodorowsky)

Ningún comentario:

Publicar un comentario