6 de dec. de 2014

O tarot musical 2014: 4 - O Emperador

Sería fácil elixir o Vals do Emperador para representar este arcano pero esta vez non o farei, para que non predomine excesivamente a música clásica no resultado final desta compilación, pois xa vos comentei que no disco resultante quero a maior diversidade posible de xéneros e intérpretes.
O emperador é a enerxía masculina que dispón, ordea, xulga, discrimina; o amo do mundo, e tamén o Logos. Nesta ocasión elixo representar a súa faceta máis mental, a súa cualidade tremendamente intelectual como a música de Wim Mertens:

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario