29 de dec. de 2014

Felices festas

Oxalá o pensamento dominante non che varra a conciencia a base de panxoliñas, graxa e azucre.
Pero tamén
Que o feito de estar corrompido polo mercantilismo non che impida sentir o espírito do Nadal. Que o tópico da familia feliz non che impida gozar da túa, sexa como for, con todos os seus defectos. Que os curas non che impidan coñecer a Deus.
E ademais
Celebra a vida, e o renacer da luz en todas as cousas a partir do solsticio. Agradece por poder sentilo e compartilo un ano máis. Non deixes de abrazar a todos os seres queridos: seres, tamén gatos, cans, árbores e enerxías invisíbeis aos ollos. Abraza a vida e déixate abrazar por ela, anque ás veces doia. Permítete sentir sen escudos nin escusas todas as cousas vivas ao teu redor. Canto máis sentes máis vivo estás, e máis esperto, e máis forte, e máis capaz de resolver calquera cousa que o ano novo che traia.
Prepárate para o ano que está para entrar, pois tamén iso forma parte do Nadal, facer balance, tomar nota das cousas que queremos na nosa vida e as que non, telo claro para poder facelo realidade no novo ciclo que comeza.


Ningún comentario:

Publicar un comentario