Un xove rei pediu consello aos sabios da corte para asumir dignamente a responsabilidade do goberno. Entón un sabio ancián regaloulle un anel e recomendoulle que periodicamente mirase a inscrición que levaba.
No medio da batalla, trala derrota e a perda de moitos soldados e oficiais do seu exército, o rei mirou o anel e puido ler:
ISTO TAMÉN PASARÁ.
Pero despois a sorte sorriulle e tras gañar a guerra houbo grandes festexos en todo o país. No medio dos bailes e desfiles, o rei puido ver ao seu sabio conselleiro que lle facía unha inclinación de cabeza. Entón mirou o seu anel, que dicía:
ISTO TAMÉN PASARÁ.

Ningún comentario:
Publicar un comentario