Estes días atopámonos dentro dun período de choiva meteórica, as Leónidas, que poderemos ver moi ben porque coincide que a Lúa está nos primeiros días da fase crecente e ademais ocúltase pouco despois do atardecer deixando un ceo escuro perfecto para a observación dos meteoriños. As Leónidas chámanse así porque parecen irradiar desde a constelación de Leo, que verás aparecer ao leste sobre a medianoite e a iso das 3:00 am chega ao cénit (ceo de Galicia).
Din os expertos que poderemos ver uns 40 meteoriños por hora. Non é moito comparado con outros anos ou con outras chuvias de estrelas máis intensas, pero a min gústanme especialmente as Leónidas porque teñen unha cor preciosa, avermellada, e son moi rápidas, xa que a Terra as atopa de fronte, e ademais soen deixar tras de si un ronsel de cor verdosa que dura uns segundos.
Que o gocedes en boa compañía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario