O humor "absurdo" é unha das técnicas zen de reflexión. Vai directo ao subconsciente e abre novas canles de comprensión.
.
Ás veces oímos dicir dalgunhas persoas que son moi "intuitivas" ou teñen moita "sorte" e o único que pasa é que seguen os sinais. Primeiro, son capaces de velos, pois moita xente non os ve anque os teña diante; segundo, son capaces de entendelos, pois moita xente os ve pero lles chama "casualidades" ou di "fíxate que curioso" e non lles busca sentido; terceiro, son capaces de respectalos, porque hai quen recibe un aviso pero non lle fai caso porque a súa mente pensante llo impide. Impídello cunha pregunta-trampa do tipo: "Pero que dis, ho, como van caír xamóns do ceo?"
Cando a miña mente pensante me pregunta cousas deste tipo encóllome de ombros e respondo simplemente: non sei. Pero que eu non saiba explicar como é o mecanismo que fai caír xamóns do ceo non me impide apartarme deles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario