Esta é unha das miñas explicacións favoritas do sistema de chacras, extraída da serie de animación Avatar, a lenda de Aang (que non ten nada que ver coa peli de Cameron de título similar)
É xenial con que economía de palabras se fai unha descrición tan boa, breve e certeira, ademais de poñerse un exemplo moi comprensibel de cada chacra, baseado na vida de Aang pero que axuda moito a recoñecer o caso persoal de cada quen. Tamén é de salientar que os guionistas da serie non pretenderon nunca en ningún momento crear escola nin ser didácticos, anque nesta etapa da aprendizaxe do protagonista vaia se o conseguen... E tamén me gusta que se inclúa algo moi importante que soe estar ausente dos manuais: como e por que se bloquea cada chacra. Podes facer unha meditación moi esclarecedora sobre como funciona cada un dos teus chacras facéndote as mesmas preguntas que Aang:
1 medo
De que tes medo? Que te impide vivir plenamente? Que farías se te atreveses?
2 culpa
De que te culpas? Que te impide gozar sen remordementos?
3 vergoña
Cando te decepcionaches a ti mesmo/a? De que capacidades túas dubidas?
Que te impide impoñer a túa vontade?
4 sufrimento
Por que cres que o amor vai unido ao sufrimento e te aferras á dor?
Que é o que te impide amar sen sufrir?
Que é o que te impide amar sen sufrir?
5 mentira
Que cousas de ti mesmo/a disimulas, negas ou ocultas ?
Que te impide expresarte plenamente e ser creativo/a?
6 ilusión da separación
Ilusión no sentido de engano, falsa idea.
Non es un individuo aillado, es unha pola da gran árbore do universo.
A confusión te impide discernir.
A confusión te impide discernir.
Non te dás conta de que todo vai unido?
7 lazos mundanos
Uf, delicado equilibrio entre as cousas ou persoas que te atraen ao mundo material
e as que te elevan ao espiritual... E se houbese que elixir?
Que cousas te atan a este mundo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario