15 de maio de 2018

Lugares de poder

Un lugar de poder recoñécese pola sua configuración, séntese a súa enerxía, soen ter auga, ben de xeito natural ou ben canalizada a propósito, se é un lugar natural soe haber seres vexetais moi sans e mesmo máis grandes do normal, etc.
Hai que achegarse co maior respecto polo lugar e por nós mesmos, e iso implica ir de xeito consciente, con tempo, non no típico tour para ver moitas cousas nun horario preestablecido, non nun grupo masificado cun guía que nos obriga a circular a toda presa polo lugar, e desde logo se sentimos que non debemos entrar non o faremos só polo feito de que que entraron todos os demais...
As famosas “bocas da verdade” como as de Italia, tiñan esa función: se ao meter a man nelas sentias unha cambra ou similar indicaba que a túa enerxía persoal non era a óptima para entrar. Eses lugares acentúan a enerxía yang e por iso moitas persoas poden sufrir malestares relacionados co exceso desa enerxía.
Podes facer un traballo previo coa tua enerxia para prepararte: comer san, elevar a túa enerxía persoal con exercicios de chikung, practicar a órbita microcósmica, etc. (O normal é que a enerxia suba por diante e baixe por detrás pero podes facer que circule á inversa: a respiración taoista da órbita microcósmica; consiste en tomar aire como se entrase por detrás, polo coxis, logo sobe a ata o nariz e baixa polo frente. Esta técnica tamén contribúe á lonxevidade, pois ao ralentizar o fluxo da enerxia, pode xestionarse máis enerxia e máis fresca e os órgaos internos estarán mellor con menos oxidación. Se o practicas todas as mañás, e coidas a alimentacion, etc., aumentará a enerxia disponible para ti, con menos consumo de enerxia rendirá mais, haberá menos desgaste e maior aumento de conciencia.)
Para usar a enerxía dun lugar nunha sanación, por exemplo beber das augas sanadoras dun manancial sagrado, un debería ter feito antes ese traballo persoal, porque se non é posible que non surta efecto ou aínda peor, produza algún malestar por non estar en condicións de xestionar ben ese extra enerxético (poden aparecer mareos, náuseas, dor de cabeza...) Se non estamos ben, tanto fisica como emocionalmente, cómpre ter precaución, ir paseniño e observar como nos sentimos. Se me noto mal, ou se xa antes non me atopaba ben, é mellor deixalo para outro momento.
Tamén é importante lembrar que non se deben coller cousas deses lugares, non só pedras senon sequera unha pluma de ave (Don Juan de Castaneda explícao por extenso). Calquera obxecto recollido nese lugar pode estar cargado coa enerxia dos bruxos antigos e facer que te sintas mal porque a tua enerxia non está ao seu nivel ou por outras razóns poderosas e escuras.
En efecto, soe haber neses lugares algunha entidade, ademais da enerxia do lugar podemos percibir algo máis, e non sempre somos benvidos. Ás veces trátase dunha entidade hostil, sobre todo en América, aqui en Europa non tanto. Para visitar os nosos monumentos megalíticos normalmente non precisas protexerte tanto, porque son lugares abertos, pero cando son lugares pechados con chave, xa non necesariamente es benvido.
Nun lugar natural ou aberto, a enerxia é máis amable; se é un lugar interior, construído, a enerxia é mais intensa. Se vas a un lugar pechado, por exemplo unha catedral, percibirás distintas cousas dependendo de con que enerxia se construiu e para que, con que intención, e tamén depende da enerxía persoal que ti leves nese momento, pois iso influirá no tipo de enerxía co que poderás conectar ti. Por exemplo, en que vibracion estás te levará a sentir a dor dos que choran, piden e sofren, ou a alegría dunha parella que casa ou bautiza a un fillo: que enerxia teñas ti definirá con que podes conectar.
Os templos abertos parten do concepto de que a enerxia é ilimitada e chega para todo o mundo, flúe libremente, toda a terra e sagrada, todos somos irmáns, todo o mundo sabe manexar a enerxía e a idea é que se ti estás ben, eu estou ben. Nos lugares pechados debemos ter precaución, non soemos saber con que enerxia se construiron pero obedecen a un paradigma diferente, onde se manexa unha enerxia especial xestionada por unha minoría. Trátase de compartir o coñecemento ou non. Nunha pirámide, por exemplo, a idea dominante é que a enerxia é limitada; hai xerarquias, hai diferencias, non todos poden entrar, só os privilexiados, porque xa non se trata de que eu estou ben se os demais están ben: eu estou ben cando ti estás mal, pois hai unha mentalidade de dominacion e de conquista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario